O reitor de Vigo defende “medidas especiais” para que investigadores non emigren

Salustiano Mato espera que a Xunta traballe para “reter o talento e non perder a unha xeración enteira” e sinala que as axudas públicas estanse a revelar como “insuficientes”.

O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, defende que se instauren "medidas especiais" para protexer a investigadores no seu ámbito laboral, xa que "non todos os funcionarios son iguais", e os actuais recortes salariais e decisións como a taxa de reposición, incrementan o risco de que se perda toda unha xeración" de científic@s.

Así o sinalou Mato, nunha entrevista concedida a Europa Press, na que proclamou a necesidade de adoptar decisións "urxentes" que permitan "reter o talento" nas universidades. Segundo o reitor de Vigo, @s investigadorxs "deben seguir un camiño diferente na función pública", e avanzou que a súa intención é solicitar o apoio da Xunta, para "convencer" ao Ministerio de Educación e buscar fórmulas "que permitan dar un espazo atractivo e un colchón de seguridade" a estes traballadores.

Becas

Por outra banda, con respecto ás becas, Salustiano Mato recordou que as axudas públicas concedidas, incluso os programas de becas das propias universidades, reveláronse "insuficientes" ante a actual situación económica. Con todo, precisou que a institución viguesa non ten constancia de que haxa no seu alumnado quen tivese que deixar os estudos por motivos económicos