Que facer?

Os reis mandan na fin de semana

Real Filharmonia de Galiza


Muiñada

Santiago de Compostela
Salón Teatro
Sexta feira
12.30h

Galeatro propón con Muiñada un espectáculo de carácter visual para público familiar, unha historia que viaxa ao pasado, á memoria e aos muíños de auga.

 

Rilo & Penadique

Ribeira 
Auditorio Municipal 
Sexta feira
19.00h

Música, cantos e contos para crianzas e familias neste espectáculo onde se fusiona o mundo da infancia coa palabra e a música. 

 

Cantos de Reis Os Chichisos 

Pontevedra
Diversos espazos 
Sexta feira

Mais un ano o grupo de música tradicional Os Chichisos recupera os tradicionais Cantos de Reis de Pontevedra que se poderán escoitar na sexa feira 4 de xaneiro a partir das 17.30h na praza de San Xosé, rúa Oliva, praza da Peregrina, glorieta de Compostela, praza da Ferraría e praza de Curros Enríquez. 

 

Festa infantil de Reis

San Sadurniño
CPI
Sábado
17.30h

A tradicional festa de Reis recíbese en San Sadurniño o sábado 5 de xaneiro, a partir das 17.30h, coa animación de La GuaGua: un castelo inchable, camas elásticas, obradoiros de manualidades e, por suposto, as súas exitosas coreografías pensadas para que cante e baile a rapazada. 

 

Os fabulosos Cleaners

Arteixo
Auditorio do Centro Cívico Cultural
Sexta feira
19.00h

Malasombra Producións leva adiante esta proposta de teatro infantil con pompas de xabón, unha fantástica experiencia visual para gozar toda a familia. 

 

Mercado de Nadal

Santiago de Compostela
Carreira do Conde
Sexta feira
20.15h
Dentro do Mercado de Nadal, concerto de Bolboreta en acústico con Lydia Botana, Rober Pier e Sergi Landrove. 

 

Concerto de Reis 

Santiago de Compostela 
Teatro Principal
Sexta feira
20.30h

O tradicional Concerto de Reis da Real Filharmonia de Galiza trae as "Noite en Viena", dirixida por Paul Daniel.

 

Aniversario do nacemento de Ánxel Casal

Santiago de Compostela
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Até segunda feira 7 de xaniro.

Mostra bibliográfica para lembrar a figura de Ánxel Casal na data do seu nacemento, editor, libreiro, impresor e alcalde de Santiago asasinado polo réxime franquista. 

 

Infans

Lugo 
Sala de exposicións do Pazo de San Marcos
Até terza feira 8 de xaneiro

Fotos de Virginia Rota, gañadora da VI edición do Premio Galiza de Fotografía Contemporánea, con  máis de cincuenta fotografías.