O regalo de Nadal nas escolas infantís era unha carta de Feixoo

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a escola infantil A Galiña Azul de Dodro (Xunta de Galiza).
O Presidente da Xunta aproveita un agasallo da rede de escolas infantís da Galiza para dirixirse ás familias usuarias nun escrito ao seu favor.

Nas vésperas do Aninovo, as familias usuarias da rede de escolas infantís A Galiña Azul, xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, recibiron un agasallo do seu centro: unha retrato do seu fillo ou filla que un fotógrafo profesional tomara previamente, do que xa tiñan noticia.

A sorpresa, para moitas nais e pais, chegou ao abrir o sobre co regalo da Consellaría. Ademais da fotografía atoparon unha carta asinada polo presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo. Unha felicitación sen precedentes que cualifican de “escandalosa” e propia “dun réxime totalitario” por aproveitar “a imaxe dos nenos e nenas para facer propaganda e promover a súa propia figura”.

Na súa carta, Feixoo escribe como pai e como presidente do Goberno galego. “Como pai, son consciente da importancia que ten a confianza das familias nos centros de educación infantil de 0 a 3 anos (...). Como presidente da Xunta, quero que saibades que estou á vosa enteira disposición para que me trasladedes calquera aspecto no que poidamos seguir mellorando”.

 

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.