A reforma laboral chega ao Sergas

O persoal do Servizo Galego de Saúde padece contratos por días e mesmo horas, mobilidade laboral e desemprego no que as organizacións sindicais denuncian como o “desmantelamento” do sanidade pública no noso país. 

 

A sanidade pública galega adoece. As políticas desenvolvidas pola consellaría desde 2009 van dando seus froitos e as consecuencias fanse notar na calidade asistencial e mesmo no estado das infraestruturas. 

Porén, entre as vítimas da política “privatizadora” e de “desmantelamento” implementada pola Xunta de Feijóo –denuncian as organización sindicais-- sitúase o cadro de persoal do propio Sergas. A contratación de persoal sanitario caracterízase desde hai perto de cinco anos pola “precariedade”, “inestabilidade” e “mobilidade” laboral d@s empregad@s públic@s. 

Entre 2011 e 2013 xubiláronse 2.330 persoas e foron amortizadas, no mesmo período, 2.097 prazas segundo os dados fornecidos pola Xunta de Galiza. As reducións dos cadros de persoal e os recortes orzamentarios, alertan as organizacións sindicais, repercuten na calidade asistencial. “Estase a aplicar a reforma laboral co obxectivo de desmantelar a sanidade pública e favorecer os intereses da privada”, denuncian.

Da man de María Xosé Abuín (CIG) e Emilia Lamas (CC.OO) debruzámonos sobre as condicións laborais do persoal do Sergas e coñecemos o modelo de xestión concertada da sanidade que está a promover o Partido Popular achegándonos ao novo hospital de Vigo. O Álvaro Cunqueiro, como será coñecido, constitúe o paradigma da privatización hospitalaria, cóntanolo Javier Rodríguez, integrante da Xunta de Persoal do Xeral vigués. 

A reportaxe completa está ao teu dispor no número 126 do semanario, xa nos quiosques e tamén á venda na nosa loxa.