VíDEO-COLUMNA DE CALLóN

Reflexións sobre o masacre homófobo de Orlando

Como trataron os meios mainstream en primeira instancia o atentado homófobo de Orlando? Como as autoridades do Estado de Florida? Sobre isto reflicte Carlos Callón na súa vídeo-columna desta semana.

Un vicegobernador d e Texas que, como primeira reacción, pendura un chío na rede que na práctica xustifica o masacre (por suposto, após o escándalo consecuente, borrouno). Que o estado de Florida facilite o acceso da populación ás armas de fogo, mais prohíba a doazón de sangue aos homosexuais. O intento de certos sectores sociais por relativizar a traxedia e por negar que sexa un delito de odio. Todos estes feitos levan a Callón a concluír que o "repunte" dos atentados homófobos se sustenta nun "caldo de cultivo" social de transixencia cos ataques a gais, lesbianas e transexuais.