Reflexionar sobre a axenda internacional de Galiza

Facultade de CC. Sociais e da comunicación. Imaxe: Pontevedraviva

O I Congreso de estudos internacionais de Galiza procura debater e dialogar sobre o mundo desde a identidade propia nunhas xornadas con participación de diferentes voces.

No 80 aniversario da aprobación do estatuto de autonomía do 36 comeza a primeira das dúas xornadas do I Congreso de estudos internacionais de Galiza. Unha data acaída para, como indican na organización, “que Galicia reflexione sobre a súa inserción internacional, achegando a masa crítica precisa e favorecendo a creación dos espazos de encontro necesarios para facer converxer as diferentes disciplinas e visións que comparten a preocupación común de universalizar a nosa identidade en todas as súas manifestacións”.

As xornadas decorren o 28 e 29 de xuño na Facultade de Ciencias sociais e da comunicación de Pontevedra. Procuran alentar reflexións desde Galiza sobre a internacionalización, así como formular liñas de acción para fomentar a universalización de Galicia ou ben crear, promover e fomentar intercambios académicos e científicos en materia de estudo e investigación internacionais. Para iso organízanse catro sesións temáticas, institucional, económico.empresarial, social e educativo-cultural. Relatores como Ramón Villares, Pérez Lema, Margarida Ledo, González Laxe, Antón Reixa, Xavier Alcalá, Teresa Moure, entre outros.

Este congreso está organizado polo Igadi (Instituto galego de análise e documentación internacional), que en 2016 fai o seu XXV aniversario, e o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo

Programa

Día 28 de Xuño

16.00. Sesión de apertura

16.30. Conferencia inaugural
Galicia, célula de universalidade, por Ramón Villares Paz

17.30. Descanso

18.00. Sesión institucional
Galicia, unha Autonomía no Mundo, con Jesús Gamallo Aller, Pilar Pin, Xoán A. Pérez Lema.
Modera: Celso Cancela Outeda

20.00. Remate

Día 29 de Xuño

10.00. Sesión económico-empresarial
Avances e retos nunha economía internacionalizada, con Fernando González Laxe, Abel Veiga Copo, Manuel González López.
Modera: María Xosé Porteiro

12.00. Sesión social
Activos nunha paradiplomacia en rede, con Emilio M. Martínez Rivas, Teresa Moure, Xavier Alcalá.
Modera: Álvaro X. López Mira

14.00. Descanso

16.00, Sesión Educativo-cultural
Ambicións e posibilidades globais da nosa industria cultural, con Margarita Ledo, Antón Reixa, Xosé Ballesteros.
Modera: Xulio Ríos

18.00. Descanso

20.00. Na Casa das Campás.
Acción exterior, dúas experiencias comparadas: País Vasco e Cataluña, con Marián Elorza e Manel Manonelles.
Presenta: Miguel Ángel Rodríguez Souto, director do Diario de Pontevedra.