Cartas ao director

Referendos

Xente a votar no referendo curdo decorrido a 26 de setembro

Vendo os medios de comunicación oficiais dá a impresión que no mundo non existen referendos nada mais que en Quebec, Escocia e Cataluña, cando o certo é que aínda fai poucas semanas fíxose un no Kurdistán iraquiano, onde os partidarios da independencia gañaron polo 90 %, pese a que este acto non foi recoñecido por Irak. Tamén fai dúas semanas fíxose outro, todo hai que dicilo, con moi pouca participación, que tampouco foi recoñecido polo goberno do Brasil, en tres rexións dese estado, concretamente: Santa Catarina, Paraná e Rio Grande do Sul. Estes días celébrase un na Lombardia e o Veneto, duas rexións italianas que queren incrementar a súa autonomía. Igualmente está previsto que no 2019 se faga un referendo pola independencia de California, dentro de Estados Unidos.

 

Isto non é máis que a continuación dos continuos referendos que se produciron nos últimos anos: en Montenegro, que se separou de Servia, nas Illas Feroe de Dinamarca,  en Eslovaquia de Chequia, en Belice de Reino Unido, en Sudán do Sur de Sudán do Norte, en Timor Oriental de Indonesia, en Puerto Rico, onde gañou a opción de seguir como estado asociado dos EEUU, en Bangladesch que se separou de Paquistán, en Abisinia de Etiopía, en Alemania Oriental, neste caso para unirse á Alemania Federal, en Kosovo que tamén se separou de Servia. etc, etc, ata Xibraltar fixo un referendo, onde decidiu, practicamente o cen por cen dos votantes non integrarse en España.  

 

A maioría destes países son hoxe estados independentes, máis o caso é que a inmensa maioría non eran colonias, e os referendos foron aceptados polos estados dos que formaban parte con mellor ou menor gana. 

 

Tamén chama a atención as declaracións do Sr. Juncker, Presidente da comisión Europea, nas que afirmaba que non lle gustaba a independencia catalá, porque a imitarían outras 98 rexións, isto podería ser aceptable que o dixera calquera outra persoa, mais cando o afirma el, que foi Presidente de Luxenburgo, o estado máis pequeno da U.E con 400.000 habitantes, perde toda a razón.

 

E que conste que non son independentista, -aínda que vou camiño de selo-, a miña proposta, é unha confederación ibérica, incluso con Portugal. Isto é o que xa lle gustaba a Castelao.