Varios concellos erguen o 3R fronte á incineración e o desbaldimento de Sogama

Diversos concellos do país pulan por un outro modelo de xestión dos residuos que vire as costas á incineración.

 

Diversas son as propostas que se están a artellar en distintos concellos e comarcas galegas a prol dun outro modelo de xestión dos residuos ­­principalmente urbanos, baseado nos 3R: reducir, reciclar e reutilizar.

Algunhas levan anos a se desenvolver e están consolidadas, como acontece coa Mancomunidade do Barbanza. Outras son de recente creación e embora presentárense como proxectos piloto, están a obter bos resultados e acollida entre a veciñanza.

No número 133 do semanario en papel revisamos as iniciativas que botaron a andar en Galiza como alternativa á planta de Cerceda.

Desde a recollida porta a porta desenvolvida en Allariz e San Sadurniño pasando pola Mancomunidade do Barbanza e a planta de compostaxe comunitaria prevista para Pontevedra. 

Toda a información sobre este asunto no Tema da Semana do número 133 de Sermos Galiza, disponíbel xa nos quiosques do país ou na nosa loxa