SOS REFUXIADOS USC

Unha rede de petos solidarios coas persoas refuxiadas

O diñeiro recadado irá destinado á ONG Proactiva Open Arms

A iniciativa parte dun grupo de estudantes de Medicina da USC que doarán os fondos recadados á ONG catalá Proactiva Open Arms.

Unha rede de petos. Eis a idea que partir dun grupo de estudantes da USC coa que visan recadar fondos para axudar ás persoas refuxiadas, SOS Refuxiados USC. Inicialmente comezan con tres petos situados na Biblioteca Concepción Arenal, o Aulario e a Facultade de Medicina, concibidos como unha maneira de achegar a calquera persoa a posibilidade de prestar axuda creando un espazo no que depositar as moedas que restan "dun café" ou do almorzo "na cafetaría de Matemáticas". 

O seu obxectivo é ampliar o número de petos distribuídos entre facultades e bibliotecas até crearen unha rede. Para explicar o seu proxecto lanzaron un vídeo através de Youtube e da rede social Facebook. 

O diñeiro que recaden irá destinado á ONG de Badalona (Barcelona) Proactiva Open Arms que traballa resgatando persoas refuxiadas desde a illa grega de Lesbos. Está conformado por unha equipa de socorristas de Barcelona, no concreto 14 profesionais especializados en salvamento de emerxencia.