Recuperadas 15 pezas metálicas de elevado valor arqueolóxico na 'Operación Bronce'

Algunhas das pezas recuperadas na 'Operación Bronce' (Foto: UPA Galicia).
O corpo de Policía Nacional adscrita á comunidade autónoma da Galiza conseguiu identificar ao vendedor, ao que lle requisaron os obxectos e tamén ao propietario, que non puido acreditar a procedencia do material.

O corpo de Policía Nacional adscrita á comunidade autónoma da Galiza procedeu á recuperación de 15 pezas metálicas de “gran valor arqueolóxico” datadas entre os séculos VII e IV a.c, polo que corresponden desde a Idade de Bronce até a época romana.

As actuacións leváronse a cabo no marco da ‘operación Bronce’, que continúa aberta e na cal, polo de agora, os axentes identificaron dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra o patrimonio histórico e outro de apropiación indebida.

A investigación comezou a finais de marzo cando a O corpo de Policía Nacional adscrita á comunidade autónoma da Galiza recibiu unha comunicación a través da súa web, na cal se alertaba da venda de patrimonio que podía proceder do espolio dalgún xacemento arqueolóxico.

Os axentes corroboraron os datos e comprobaron que en internet se ofertaban en varias páxinas de venda online pezas arqueolóxicas de varias épocas históricas por un importe medio de até 700 euros cada unha.

O corpo de Policía Nacional adscrita á comunidade autónoma da Galiza conseguiu identificar ao vendedor, ao que lle requisaron os obxectos e tamén ao propietario, que non puido acreditar a procedencia do material.

Por estes feitos, tomóuselles declaración a estas dúas persoas e as dilixencias remitíronse ao xulgado de Instrución de Ferrol e á Fiscalía da Coruña. As 15 pezas metálicas foron requisadas para a súa preservación e estudo, quedando depositadas nun museo á disposición da autoridade xudicial.

As pezas

Segundo as pescudas realizadas, as características das pezas indican que proceden de distintos xacementos arqueolóxicos afastados entre si e acreditouse que o interese dos autores era sacar rédito económico incumprindo a obriga de comunicarlles ás autoridades a localización e posesión das pezas.

A operación Bronce continúa aberta para tentar descubrir a procedencia das pezas e investigar se hai mais persoas implicadas ou infraccións.