Récord de novos casos da quinta vaga nun só día: 1.593

Cribado na área sanitaria de Santiago (Imaxe: Europa Press)

Galiza rexistra a marca de contaxios de Covid-19 até a data desta quinta onda, con 1.593, mentres que os casos activos elévanse a 15.109, un milleiro máis que a xornada anterior, e os pacientes hospitalizados por este coronavirus repuntan a 212 -constitúen 37 máis-, deles 23 en UCI. Pola súa banda, a taxa de positividade sitúase en 14%.

Segundo os datos actualizados na mañá da sexta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas da quinta feira, aumentan a 189 as persoas ingresadas en unidades convencionais pola Covid-19, que implican 36 máis, e ascenden a 23 as que se atopan en UCI, unha máis. Pola súa banda, 14.897 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria aumenta en seis das sete e mantense sen cambios na de Santiago e Barbanza, que continúa con dous pacientes Covid en UCI e oito noutras unidades.

O maior aumento corresponde á de Ourense, que aínda que segue cun ingresado en UCI rexistra 50 noutras unidades -12 máis-, así como a de Pontevedra e O Salnés, que mantén un ingresado en críticos e conta con 30 noutras unidades -dez máis-.

Polo seu lado, na da Coruña e Cee soben a oito os pacientes Covid en UCI -un máis- e a 40 os doutras unidades -cinco máis-; e na de Lugo continúa un en críticos e aumentan a 18 os doutras unidades -catro máis-.

Mentres, a de Vigo segue con catro pacientes Covid en UCI e soben a 29 os doutras unidades -dous máis-; e na de Ferrol continúan dúas en críticos e ascenden a 14 os doutras unidades -tres máis-.

Máis de 15.000 casos

Galiza alcanza 30 semanas consecutivas de aumento de casos activos, que ascenden a 15.109, que implican 1.146 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (1.593) que altas (446), ao que se engade un falecemento.

Con respecto a hai sete días, as infeccións activas supoñen algo menos do dobre, xa que a pasada sexta 16 de xullo había 8.319 no conxunto da Galiza.

Por áreas sanitarias, os casos aumentan en todas elas, en maior medida na de Vigo (+379), seguida da Coruña e Cee (+220), Santiago e Barbanza (+162), Lugo (+134), Pontevedra e O Salnés (+130), Ferrol (+65) e Ourense (+56).

A área de Vigo segue á cabeza con 3.544 casos activos; seguida da de Pontevedra e O Salnés, con 2.615; A Coruña e Cee, con 2.591; Ourense, con 2.341; Santiago e Barbanza, con 1.883; Lugo, con 1.498; e Ferrol, mantense a cola como a única por baixo do milleiro, con 637.

Contaxios

Os novos contaxios de Covid-19 volvéronse disparar e alcanzan a marca desta quinta onda con 1.593, que implican 110 máis que os 1.483 da xornada anterior. Así, acumulan catro días seguidos por encima do milleiro, tras arrincar esta semana con 975.

Foron confirmados 1.536 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 85 máis que o día anterior, dos cales 423 corresponden á área sanitaria de Vigo; 271, á da Coruña e Cee; 235, á de Santiago e Barbanza; 190, á de Pontevedra e O Salnés; 186, á de Lugo; 156, á de Ourense; e 75, á de Ferrol.

Galiza efectuou 8.180 probas máis que as rexistradas até a xornada anterior.

En canto á taxa de positividade das PCR, mantense nun 14,3% após repuntar ao 14% a xornada anterior despois de baixar a un 9,3% a cuarta e situarse nun 10,9% a terza após arrincar esta semana nun 13%. Galiza segue por riba dese 5% que estabelece a OMS para dar por controlada a pandemia.

Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 2.444 ao notificar Sanidade unha nova vítima esta quinta feira.