Ecoloxistas reúnense en apoio á candidatura do Bloque

Ana Pontón e Manolo Soto, no centro, xunto os e as activistas

Compostela acolleu na xornada do sábado unha reunión de ecoloxistas históricos e históricas, xunto a activistas de recente incorporación, que trasladaron o apoio á candidatura do BNG, encabezada por Ana Pontón, e en concreto, a Manolo Soto, integrante da lista da Coruña e a quen o avalan os case 30 anos de labor en defensa do medio ambiente.

Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta, e Manolo Soto, membro da candidatura, participaron o sábado na xornada convocada por recoñecidos e recoñecidas ecoloxistas en Compostela para lle trasladaren ao Bloque o seu apoio. Arredor de Soto xuntáronse activistas que traballaron e traballan pola defensa ambiental do país e que lograron ampliar e mellorar a conciencia ambiental da sociedade.

“Loitas como a dirixida a evitar a proliferación de encoros ou de plantas de celulosa na costa, a diminuír a contaminación do aire o das augas, a conservar especies e espazos de interese, a construción de  máis incineradoras de residuos, ... serviron para que este país non acadara maiores cotas de deterioración ambiental. Hoxe [estes activistas] apostan na presenza de Manolo Soto e do BNG no parlamento galego como garante de defensa ambiental”, indica a organización nun comunicado de imprensa.

Catedrático da UDC e coordinador do grupo de Enxeñaría Química ambiental, Manolo Soto foi secretario e presidente de ADEGA e responsábel. de distintas publicacións da asociación.