Razóns para unha folga no ensino

[Imaxe de arquivo: SG]

Historia, lingua, relixión, atención á diversidade, bolsas, taxas, 'excelencia', equidade, participación, españolización, segregación, sexismo, calidade, público e gratuíto. Son as palabras chave da análise que a comunidade educativa galega fai da LOMCE neste número 70 so Sermos Galiza en papel.


"Porque só admite unha versión da historia". "Porque quere facer de nós estranxeiros na propia patria". "Porque me parece ben que haxa centros privados, mais non que se paguen cos meus cartos". "Porque xa vin dúas compañeiras deixar os estudos ao perderen a bolsa". "Porque me dá medo o seu cheiro retrógrada". "Porque me quita o pouco espazo de participación que tiña como pai".

O mesmo día en que a comunidade educativa galega se bota ás rúas --máis unha vez-- en contra da LOMCE, estudantes, nais, pais e persoal docente achegan os motivos polos que este 24 de outubro farán un paréntese na súa actividade para mostrar o seu rexeitamento á lei española.

A información completa podes atopala no semanario nº70, á venda nos puntos habituais e dispoñíbel tamén na nosa loxa.