Rachan e queiman a bandeira LGTBI do comité antisida da Coruña

Unha veciña deu a voz de alarma.

Dous descoñecidos racharon e tentaron queimar a bandeira LGTBI ou arco da vella que penduraba no edificio onde ten a súa sede Comité antisida da Coruña (CASCO)

Segundo relatan desde o comité a Europa  Press, os feitos ocorreron a tarde do sábado sobre as 18 horas, cando dous homes supostamente tentaron queimar a bandeira LGTBI que colgaba do edificio. Unha veciña foi a que deu a voz de aviso do suceso.

CASCO xa denunciou os feitos por un delito de odio e vandalismo, e confía en que as cámaras da zona poidan identificar os culpábei

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, condenou a queima da bandeira LGTBI do Comité, aínda que cualificou o incidente como "un feito puntual".

"Creo que non é bo para a sociedade que traslademos unha mensaxe de inseguridade cando realmente os datos non nos din iso. Estamos nunha cidade segura e este tipo de situacións son absolutamente puntuais", dixo María Rivas.