Quiroga revisará as matrículas dos vehículos para denunciar quen se desprazou sen motivo

Val de Quiroga

A Policía Local de Quiroga revisará a partir de agora as matrículas de todos os vehículos "que non sexan habituais" no concello para detectar posíbeis visitantes que se desprazaron até a localidade durante o estado de alarma sen un motivo xustificado e denuncialos.

Segundo explicou o concello, os axentes procederán a "investigar as matrículas de todos os vehículos que non sexan habituais" e que "se atopen estacionados de forma prolongada en todo o territorio da súa competencia".

Unha vez que os axentes "constaten que estes vehículos pertencen a persoas desprazadas que non teñan en Quiroga a súa residencia habitual" e que se atopen no concello "sen causa xustificada", denunciaraos por incumprir o decreto de alarma.


Nos últimos días foron varios os concellos galegos que amosaron a súa preocupación polo feito de que nestes días cheguendoutros territorios visitantes ou propietarios de segundas residencias neses municipios.