"Quero que me atenda un español". Así foron os comentarios xenófobos dun cliente expulsado dun bar de Castrelo de Miño

Factura das consumicións da familia que proferiu os comentarios xenófobos (Foto: O Náutico de Castrelo)
O restaurante Parque Náutico de Castrelo de Miño viuse na obriga de botar unha familia da súa terraza o pasado sábado pola noite por proferir "comentarios xenófobos" cara a un dos traballadores do restaurante.

O restaurante Parque Náutico de Castrelo de Miño viuse na obriga de botar unha familia da súa terraza o pasado sábado pola noite por proferir "comentarios xenófobos" por parte dun membro da propia familia cara a un dos traballadores do restaurante.

"Botamos unha familia da terraza por comentarios xenófobos cara a un compañeiro? Botamos!". Así o relata en Twitter o propio perfil do negocio, que insiste en que o seu empregado, de nacionalidade marroquí, "merece todo o respecto, como os demais".

Este restantante, que colgou en redes sociais a factura que deixaron a deber estes comensais, recoñece que non se arrepinte de perder os 13,70 euros que custaron as súas consumicións.

Ademais, nesta publicación, que xa acumula máis de 5.000 'gústames' e case 900 'rechouchíos', contan que, cando o xefe acudiu a recoller as bebidas desta mesa "sen levantar a voz nin unha vez", a clientela que estaba ao redor "aplaudiulle" pola súa actitude exemplar.

"Debería ser o máis normal do mundo", asegura en declaracións o xerente do restaurante, Dosi Veiga, quen decidiu actuar despois de que unha das súas empregadas o advertise da actitude deste cliente.

"Quero que me atenda un español"

O responsábel do local acudiu a esta mesa e preguntoulle "en voz baixa" se había algún inconveniente cos seus traballadores. "Ningún problema", respondeu o home, aínda que seguidamente engadiu que lle gustaría que o atendese "un español" e non M. (o xerente prefire ocultar o nome do empregado porque se trata dun menor de 17 anos).

Veiga volveu ao interior do restaurante, mais minutos despois os clientes doutra mesa advertíronlle de tería que botar a este home porque continuaba cos seus comentarios xenófobos.

Entón, decidiu ir de novo á mesa e recollerlles as bebidas para que a familia marchase, tras o que o resto de conmensais comezaron a aplaudir. Dosi teno claro: "Parece que en hostalería hai que aguantar calquera cousa, pero non".

A pesar da súa actitude exemplar, o xerente prefire restarlle importancia á repercusión xerada en Twitter, onde decidiu contar a anécdota xa o domingo pola tarde.