As familias das vítimas de DomusVi demandan á empresa pola vía penal

Núñez Feixoo impón a medalla de ouro do Circulo de Empresarios de Vigo a Josefina Fernández, máxima executiva de DomusVI (circulo.gal).

Familiares de persoas residentes no centro DomusVi de Cangas, impulsan unha querela contra as responsábeis do grupo privado de residencias de anciáns, "líder en casos positivos por COVID-19 nas residencias da Galiza", segundo recolle o escrito de acusación presentado ante a Xustiza, máis do propio centro.

Familiares de persoas residentes no centro DomusVi de Cangas, impulsan unha querela contra as responsábeis do grupo privado de residencias de anciáns, "líder en casos positivos por COVID-19 nas residencias da Galiza", segundo recolle o escrito de acusación presentado ante a Xustiza, máis do propio centro.

A querela parte de varias familias afectadas pola que consideran "unha nefasta xestión da crise sanitaria na residencia DomusVi de Aldán, en Cangas" durante dous meses nos que foron ignoradas mentres as súas parentes sufrían o desamparo tanto da dirección do centro como da propia Xunta, encargada de supervisar o servizo e a atención das persoas maiores residentes. Por este motivo, o escrito estende a súa acusación o persoal da Administración galega responsábel de velar polas persoas maiores dependentes.

Así, a querela á que tivo acceso Nós Diario, acusa a CEO do DomusVi España e administradora única de Geriatros, a directora do centro residencial DomusVi de Cangas, a xefa do Servizo de Inspección de Maiores, Discapacidade e Dependencia e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta pola posíbel comisión dun delito de omisión de socorro, abandono de persoas incapaces, lesións e homicidio, nestes dous casos, por imprudencia profesional grave.

Neglixencia e desleixo

A acusación ampárase nunha extensa documentación achegada polas familias querelantes. Segundo recolle o escrito de acusación, as súas contribucións ilustran "unha conduta neglixente, imprudente e errática" por parte das persoas quereladas, responsábeis directas do abandono das 152 usuarias coas que contaba o centro DomusVi de Aldán no inicio da pandemia, en especial "das residentes que están baixo garda e custodia do persoal do centro residencial", ante a situación de vulnerabilidade e indefensión extraordinaria que padecen estas persoas na súa condición de grandes dependentes.

(Podes ler o artigo íntegro no Nós Diario de hoxe, número 116, á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja)