Quen coida da que coida?

[Imaxe: SG]

Maiores e dependentes son un sector social vulnerábel que acostuma ficar esquecido e, aínda detrás delas e deles, fica a figura das coidadoras. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 287.

Carme ten 45 anos, vive nunha parroquia do rural lucense co seu home, o seu fillo e a súa sogra. Esta última, de 82 anos, presenta un estadio avanzado dunha enfermidade dexenerativa. Precisa axuda continuada para poder vestirse, asearse, moverse... Alén de se ocupar da casa –coa carga engadida dos animais e a horta–, Carme ten traballado tamén como tendeira e limpadora. Actualmente, os coidados que require a incapacidade da súa sogra impídenlle manter un posto de traballo fóra da casa.

 

Muller, maior de 40 anos e desempregada –a meirande parte das veces, por incompatibilidade co propio labor de coidado–. Carme é un exemplo máis dese 85% que forma o perfil maioritario de coidadoras non profesionais, quen ademais acostuman asumir estas tarefas durante longos períodos de tempo. Quer por razóns económicas, quer por motivacións culturais, a muller segue a ser a responsábel da unidade doméstica, a dispensadora de coidados. Todo isto, sen un recoñecemento digno na esfera privada ou pública.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 287 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]