Os queixos do mundo abren o novo número do Caderno Gozar

Imaxe da capa do Caderno Gozar (Foto: Nós Diario)
No suplemento Gozar desta semana Lucía Freitas convídate a acompañala por unha ruta dos mellores queixos do mundo e Fernando Trigo Choucinho pon en dúbida o futuro da dieta mediterránea. Tamén chegarás a saber máis da cooperativa que produce os pementos de Herbón más coñecida

Gustaríache saber cales son os mellores queixos do mundo? Estás de sorte porque a coñecida Lucía Freitas darache un paseo que case poderas saborear coas papilas gustativas. Farao a través da reportaxe 'Do queixo do País, os mellores queixos do mundo' que vas atopar hoxe no Caderno Gozar que sae hoxe á rúa co teu Nós Diario.

A capa completarase cun texto de Francisco Rego na sección 'Tesouros'. Prepárate para ler 'Negueira. Renacer dos viños do Navia'. Nas páxinas centrais a bióloga ambiental Verónica Torrijos Pérez vai ensinar a 'Gozar da natureza' falando de cousas que, de seguro, non te serán alleas.

A reportaxe do apartado 'Saúde ou ideoloxía? propón a posibilidade de que estemos a ver 'O sol-pôr da dieta mediterránea'. Asinaa Fernando Trigo Choucinho.

(Podes ler o artigo íntegro de 'O mal que ameaza o fútbol' no suplemento Gozar, no teu Nós Diario de hoxe (e de todas as quintas feiras), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja)

Neste número, ademais, poderás coñecer máis a presidenta da cooperativa A Pementeira de Herbón, Milagros González, que protagoniza o 'Selfie'. En 'Quenfaique' falamos de libros, da ruada da patria de Vigo e do Camiño dos Arrieros.

Suplementos diarios de carácter temático

Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.