López Abella reafírmase: "A muller galega é grandiosa"

Puy evita respaldar o cartaz do 25-N e afirma que hai campañas "máis afortunadas do que outras"

Pedro Puy, na conferencia de imprensa desta segunda feira.

O portavoz do grupo parlamentar do PP non deu o seu respaldo explícito á campaña da Xunta para o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e optou por dicer que “non vou ser quen critique ningunha campaña contra a violencia machista, con independencia que unhas sexan máis afortunadas que outras”. Non criticou a proposta de Igualdade para o 25-N, mais tampouco a apoiou.

Toda a oposición saíu esta segunda feira en bloco a demandar a inmediata retirada da campaña da Xunta para o 25-N por a considerar "cousificante e paternalista". Por parte do goberno galego non hai sinal ningunha de autocrítica e si de reafirmación na mensaxe do cartaz -que equipara as mulleres con monumentos que hai que protexer. Nese sentido, o presidente da Xunta, interpelado ao respeito, afirmou que a campaña é moi similar á do 8 de marzo e que daquela "non houbo problemas, pero agora hai quen quere buscalos".

 

A responsábel política do cartaz -a secretaría xeral de Igualdade, Susana López Abella- refrendou as bondades do deseño e do lema -"a muller galega é grandiosa", enfatizou- e devolveu ás críticas á oposición nestes termos: "Tratar de ver nesta campaña que se está a utilizar a muller como unha cousa, como un patrimonio, é retorcer absolutamente as cousas".

 

En troca, Pedro Puy evitou saír en defensa explícita da campaña e implicitamente admitiu que non todas son igual de atinadas. "Non vou ser eu quen critique ningunha campaña contra a violencia machista, con independencia que unhas sexan máis afortunadas que outras”, dixo.

 

Puy non puxo o foco na maior ou menor calidade da proposta de Igualdade para comemorar o 25-N, senón na necesidade de combater a violencia contra as mulleres: “O importante, con independencia de que nos gusten máis ou menos
as campañas sufragadas con fondos públicos, é que todos traballemos para concienciar á sociedade e previr a violencia de xénero”.

 

Alén do máis, o portavoz conservador resaltou que “na Galiza promovemos un pacto en relación coa violencia de xénero, que posteriormente foi levado á Conferencia de Presidentes e converteuse nun pacto a nivel nacional [en referencia ao estado]”,

 

respondeu ás críticas asegurando que “tratar de ver nesta campaña que se está utilizando a muller como unha cousa, como un patrimonio, é retorcer absolutamente as cousas”