PSOE de Ponteareas pide a dimisión dun edil do PP por "simpatizar" con ideas neonazis

hogar social

Os socialistas ponteareáns denuncian que a través das redes sociais este edil do Partido Popular partilla vídeos de Hogar Social Madrid, grupo considerado neonazi por parte de organismos e colectivos de dereitos humanos. 

A secretaria xeral do PSdG de Ponteareas, Chus Garrote, esixiu a dimisión inmediata do concelleiro do Partido Popular, Domingos Freitas, por partillar nas súas redes sociais contidos “xenófobos e de odio”, segundo a socialista.  

 

“Non toleramos que un representante dos ponteareáns simpatice con ideas fascistas e por iso pedimos a súa dimisión inmediata” sinala Garrote.

 

O PSdeG refírese a un vídeo que o concelleiro do PP partillaba no seu perfil persoal de facebook de Hogar Social Madrid, un grupo considerado neonazi e de extrema dereita. A isto engádense, indican os socialistas, que nas súas redes sociais este edil ten partillado imaxes nas que se difueden o discurso contra o inmigrante.