A provincia de Lugo fica sen a metade das camas de cirurxía no verán

camassergas3

Durante o verán as camas de cirurxía da provincia de Lugo fican reducidas á metade, unha situación que denuncia CIG-Sanidade, que critica que só fican 49 camas da especialidade nas tres áreas sinatarias da provincia. Na de Monforte, por exemplo, están todas fechadas. O sindicato nacionalista entende que se está forzando o peche da unidade de cirurxía, independentemente da ocupación que rexistre a especialidade, “tal e como xa se fixo co peche do resto de unidades”.

O sindicato cualifica de “gran falta de respecto á poboación” a política de peches do Sergas, que “usurpa máis do 50% das camas dunha especialidade  concreta”. Engaden que tamén supón “unha gran falta de respecto para os profesionais de enfermería, que unha vez máis volven ver como ninguén respecta a súa especialización e se ven desbordadas/os por causa da mestura de patoloxías, cando  non teñen todos os recursos necesarios para manter o nivel de atención habitual”.