Prorrogada outros 18 meses a investigación sobre o accidente de Angrois

Manifestación das vítimas do Alvia en Compostela (Laura R. Cuba)

A Audiencia ordenou ao xuíz abrir a causa para indagar sobre a denuncia do borrado de datos por parte de Talgo.

Andrés Lago, titular do xulgado de Instrución nº3 de Santiago, prorroga a declaración de complexidade da causa que investiga sobre o sinistro do tren Alvia en Angrois de 24 de xullo de 2013, de modo que amplía o prazo por “outros 18 meses máis”, que contan desde a data de expiración da anterior, de 2018.

Así, o novo horizonte para rematar a investigación deste sinistro no que morreron 80 persoas e polas que hai dous imputados – maquinista e ex xefe de Seguridade de Adif – vai agora até xuño de 2020.

No auto, ao que tivo acceso Europa Press, o xuíz fai refrencia a que están “pendentes de práctica dilixencias de investigación de natureza indispensábel”.