Propoñen folga de licenciadas sanitarias na Galiza o 19 de xuño

A proposta parte da asemblea de médicos de atención primaria.

A e os médicos de atención primaria propoñen unha folga en todas as áreas sanitarias da Galiza o vindeiro 19 de xuño. Un paro, indican, “con puntos reivindicativos comúns e logo específicos de cada área”.

 

Será, pois, unha folga “de toda Galiza de licenciados sanitarios pero co respaldo de cada área”.  Ademais, este colectivo de facultativos e facultativas mostra o seu apoio a folga de Vigo con concentracións nas diversas áreas os días 21 e 22 de maio  co lema ”Por unha primaria digna – Vigo somos todos”.

 

Por último,  tamén decidiron non recoñecer o Consello Técnico de Atención Primaria.