A propiedade das estatuas do Mestre Mateo chegará ao Supremo

As esculturas do Mestre Mateo Abraham e Isaac (Europa Press)
O Concello de Compostela acudirá ao Supremo para reclamar a propiedade das esculturas dos profetas Isaac e Abraham, atribuídas ao Mestre Mateo, após a sentenza pola que a Audiencia de Madrid confirmou hai dúas semanas outra resolución que outorgaba a titularidade á familia Franco. 

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou na xornada de onte que o Concello impugnará diante do Tribunal Supremo a sentenza pola que a Audiencia de Madrid –e, previamente, un xulgado de primeira instancia– daba a razón á familia Franco no litixio pola propiedade das estatuas, pertencentes ao Pórtico da Gloria da Catedral e retiradas durante as obras do século XVI.

A decisión tómase ante a conclusión, por parte da asesoría xurídica municipal e do avogado que representa o Concello, Xaquín Monteagudo, de que "hai causa e caso" para seguir reclamando a titularidade. Existe documentación que acredita que as pezas foron adquiridas polo Concello no ano 1948 por 60.000 pesetas.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.