O profesorado dos centros fechados descoñece aínda que sucederá este curso que entra

Profesoras e profesores afectados polo fechamento de centros que levou a cabo a Xunta o pasado mes de xuño aínda non saben en que situación se encontrarán cando chegue setembro. Tras dúas semanas transcorridas dende a Mesa Sectorial, a orde aínda non se publicou no DOG.

CIG-ensino denuncia que tras fechar os centros de Pontes, Outes, Ribadavia e O Porriño, a finais do mes de xullo, o profesorado afectado aínda non sabe se vai ter que adscribirse aos centros receptores ou se terá que elixir destino provisional para o curso que entra. Máis de vinte e catro docentes dos centros afectados están aínda ser ter sido convocados para o preceptivo claustro de profesorado no que se decide quen quedará suprimido e quen quedará no centro receptor.

 

CIG-ensino acusa á Consellaría de “improvisar”, sinalando que a orde que pasou pola Mesa Sectorial do 18 de xullo foi modificada con posterioridade, incrementando dous postos no IES do Ribeiro de Ribadavia non foi aínda publicada no DOG. Dende o sindicato consideran que a Consellaría une “mala xestión e o desprezo polo profesorado que chegará a primeira semana de setembro en que centro estará”.