Grupo A-F4

"Procuramos as propiedades do mel do 'nitens'"

As investigadoras do grupo A-F4 Sergio Lamosa, Manuel Viso, Paula Rivas e Enrique Valero (Duvi)
Existen na Galiza máis de 4.000 apicultoras, con até 160.000 colmeas que producen máis de 2.000 toneladas de mel ao ano. Estes son algúns dos datos, procedentes de diferentes fontes, que reúne un estudo do grupo de investigación AF-4 da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo. O seu traballo compilou inicialmente información para entrar nun proxecto que procura analizar as propiedades da mel do eucalyptus nitens.

Que estuda o seu proxecto?

A nosa procura principal céntrase na especie do eucalipto, un pouco pola abundancia que ten na Galiza. As abellas dedicadas á produción de mel tiran moito ao eucalipto, como mostran os datos que atopamos, nos que se reflicte moito mel monofloral desta árbore. Ante esta situación, queremos saber que propiedades ten este mel e que valores se lle poden atribuír. Non nos centramos tanto na do eucalyptus globulus, da que xa se teñen feito algúns estudos, aínda que non en profundidade, senón que nos enfocamos máis a coñecer o potencial do eucalyptus nitens, unha especie que se planta en zonas de montaña ou de maior altura. Na Galiza atópase sobre todo nas áreas do interior.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.