Prisións concede o terceiro grao a Marcial Dorado

Alberto Núñez Feixoo con Marcial Dorado nunha foto publicada por El País en 2013. Á dereita, un instante da entrevista de Jordi Évole a Dorado.

A Secretaría Xeral de Institucións Penais aprobou a proposta da xunta de tratamento do cárcere de Teixeiro para progresar ao terceiro grao a Marcial Dorado, condenado por narcotráfico e que aparceu en fotografías nunha embarcación con Núñez Feixoo.

Dorado foi progresado para conseguir a semiliberdade nunha decisión adoptada na pasada segunda feira pola institución dependente do Ministerio do Interior, segundo informou 'Vozpópuli' e confirman a Europa Press fontes penais. Atopábase até agora en segundo grao ou réxime ordinario, e xa gozara sen incidencias de seis permisos de saída ordinaria do cárcere.

Ao preso, que presenta boa conduta e cumprirá tres cuartas partes da súa condena en outubro, aínda lle restan cinco anos de pena que cumprirá en semi liberdade en virtude do terceiro grao que gozará en réxime aberto, aínda que coa aplicación do artigo 82 do Regulamento Penal, o máis restritivo para empezar a graduar o ritmo de saídas, segundo o plan que se fixe ao depender agora do Centro de Inserción Social (CIS) da Coruña.

Marcia Dorado cumpre unha condena de dez anos de cárcere imposto en 2009 pola súa vinculación a unha organización de narcotraficantes coa que mediou na venda dun barco. A Audiencia Nacional impúxolle outra pena en 2015 por un delito de branqueo.