As persoas migrantes da 'Operación Esperanza' desembarcan en Valencia após 8 días de travesía

O buque da armada italiana 'Dattilo', con 274 das 630 persoas rescatados a bordo, foi o primeiro dos tres barcos en chegar.

O 'Aquarius' e os outros dous buques italianos que trasladan as 630 persoas migrantes rescatadas no Mediterráneo chegan ao longo da xornada deste domingo a Valencia. O primeiro en entrar foi o 'Dattilo', da armada italiana, que arriba por fin ao continente e faino con 274 das persoas rescatadas. Após o 'Dattilo' entrou o 'Aquarius' (106 persoas) e, por último, o 'Orione' (250).

 

Foron 8 días de travesía desde que Malta e Italia se negaran a acoller as 630 persoas rescatadas por SOS Mediterráneo e Médicos sen Fronteiras.

 

O goberno español anunciou que dará un permiso de residencia dun mes a esas persoas. Francia comunicou nas últimas horas que estaba disposto a acoller a algunhas das migrantes.