Primeira protesta conxunta do persoal dos medios públicos

Traballadoras e traballadores de CRTVG e RTVE protestan esta sexta feira, 29 de xuño, contra a manipulación. Foto: cedida.

O malestar que percorre as redaccións dos medios de comunicación públicos galegos non deixa de aumentar. Esta sexta feira foi o primeiro #venresnegro en que traballadoras e traballadores da CRTVG e mais da RTVE en Galiza protestaron xuntos.
 

Desde hai unha semanas, o persoal dos medios públicos asiste aos seus postos de traballo vestido de negro. Fano en protesta pola “manipulación informativa” e para reivindicar a democratización dos medios, defender o público e reclamar “pluralismo”. Ate agora, a compañía galega e mais a estala fixérono por separado. Ate hoxe.

 

Os comités de empresa de ambos os dous entes apoiaron esta sexta feira protestas nos seus respectivos centros de traballo. A partir de agora, así farán cada #venresnegro. E para o mes de setembro prearan unha gran manifestación.