A primeira imaxe do gran mapa da Vía Láctea: máis de mil millóns de estrelas

Via Láctea

Máis de mil millóns de estrelas captadas pola misión espacial Gaia, da Axencia Espacial Europea

A misión espacial Gaia, da ESA (Axencia Espacial Europea) mapeou desde que foi lanzada en 2013 máis de mil millóns de estrelas na Vía Láctea, un catálogo que conforma o maior mapa que a humanidade fixo até o momento e, de certo, fará en moito tempo. As mancjas negras que salpican a imaxe son nubes de gas e pó, que se interpoñen entre a cámara do telescopio e as estrelas do outro lado da galaxia. Na parte inferior da imaxe destacan as nubes de Magallanes, 2 galaxias satélites da nosa e que son visíbeis no ceo do hemisferio sur durante a noite. Para chegar á maior destas 2 galaxias sería preciso viaxar durante 150 mil anos á velocidade da luz.

O catálogo divulgado pola ESA ten máis de 1,15 millóns de estrelas e é “ao mesmo tempo, o maior e o máis preciso mapa do ceo algunha vez producido", afirmou o astrónomo francés François Mignard, membro do consorcio Gaia.

As imaxes foron capturas polos telescópios xemelgos do Gaia, que ininterruptamente percorrem o ceo, e rexistradas nunha câmara con resolución de mil milllóns de pixéis, a máis potente até agora colocada para estudar o espazo.