Primeira alta en Pontevedra dun paciente de COVID-19

Ten 45 anos e estaba ingresado no Montecelo.

 

O servizo de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) deu de alta este sábado a un paciente ingresado por coronavirus no Hospital de Montecelo.

Así o confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, que precisaron que se trata dun home de 45 anos que ingresou o seu día en estado de gravidade.

É a primeira alta dada na provincia de Pontevedra e a sétima en Galiza.