Premios Osíxeno para o apicultor Xesús Asorey e a Granxa Arqueixal e Dioxina para Ence

Ence, premio Dioxina

Os tradicionais galardóns de Adega para subliñar o mellor e o peor do ano ambientalmente chegan á súa XV edición.

Adega volve outorgar os premios Osíxeno e Dioxina, galardóns cos que premia e castiga os comportamentos ambientais. O Premio Osxíxeno 2015, categoría individual, é para Xesús Asorey Martínez, secretario técnico da AGA (Asociación Galega de Apicultura) “pola súa loita incansábel por divulgar e manter viva esta actividade tradicional, especialmente nos últimos tempos cos problemas dos pesticidas e a vespa velutina”.Na categoría colectiva o recoñecemento vai para Granxa Arqueixal, “referente da produción ecolóxica en Galiza e exemplo de dinamización e posta en valor do medio rural con iniciativas respectuosas e sustentábeis”.

Na outra beira están os premios Dioxina. En categoría individual va para a empresa ENCE, “pola súa teima en seguir contaminando outros 75 anos a ría de Pontevedra e ser responsábel da enorme estensión do eucalipto en Galiza”. E na categoría de Dioxina colectiva, vai para os "líderes mundiais" responsábeis do “decepcionante resultado doCumio do Clima de París”.

Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 30 de xaneiro a partires das 14:30h na Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela).