Preguntas e respostas sobre o uso da máscara en exteriores

Unha persoa corre en solitario e con máscara pola Coruña (Foto:
Cando si e cando non resulta imperioso levar a máscara.

O uso da máscara é obrigatorio desde o día de hoxe no Estado español, unha medida proposta polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, aos dirixentes territoriais na Conferencia de Presidentes celebrada na pasada cuarta feira e que entra en vigor un día despois da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do real decreto que a regula.

Esta obrigatoriedade de máscara en espazos exteriores chega meses despois de que o seu uso decaese e no medio da escalada de casos ocasionada pola variante ómicron. Concretamente, foi o pasado 26 de xuño cando o Goberno central decidiu poñer fin a ese uso da máscara nos exteriores se había máis de metro e medio metro de distancia entre persoas.

O regreso desta medida suscitou as críticas dalgúns líderes, caso da dirixente madrileña, Isabel Díaz Ayuso, mentres que os mandatarios da Galiza, Euskadi, Andalucía e Catalunya considerárona insuficiente e instaron á adopción de máis medidas complementarias.

O Goberno xustifica a adopción desta medida no "aumento exponencial de casos" que "está a facer que os servizos de atención primaria, nalgúns casos responsábeis da trazabilidade dos contactos ou a cargo da implantación da estratexia de vacinación, non poidan realizar estas funcións nin a súa actividade habitual de forma adecuada".

“Por iso –engade- á intensificación da vacinación deben engadirse outras medidas non farmacolóxicas para o control da transmisión na situación epidemiolóxica actual como é o uso correcto da máscara por parte da cidadanía”.

Mais, cales son as excepcións a ese uso obrigatorio da máscara en exteriores?

Deporte ao aire libre

O decreto estabelece o suposto da práctica deportiva como excepción ao uso da máscara

Paseos

Andar, pasear... xa sexa en solitario ou con algún familiar ou amigo, sempre que se manteña ese mínimo de metro e medio de distancia.

Espazos naturais

Mesmo escenario que o anterior, incluso con non convivintes, aínda que hai que manter o metro e medio.