DENUNCIAN A ESCALADA 'REPRESIVA' CONTRA O COLECTIVO

Preferentistas do Baixo-Miño tiveron que pagar xa máis de 17.000 euros en sancións polos protestos

Concentración estafad@s polas preferentes diante do Parlamento

Preferentistas e familiares analizaron en asemblea as máis de 30 citacións xudiciais que deben afrontar nestes meses. Convocan unha concentración de solidariedade esta quinta feira en Pontevedra..

 

Xulio Vicente (veciño do Rosal), Nieves Rodríguez e Míriam Rodríguez (veciñas de Tui) van ser xulgados esta quinta feira en Pontevedra pola súa participación en mobilizacións e protestos do colectivo de preferentistas. Desde a Plataforma do Baixo Miño afirman que estas tres persoas foron acusadas “ sen seren identificados, nin detidos ,nin informados”de causar “desordes graves e organizar concentracións irregulares”.

Co gallo desta vista fan un chamamento a colectivos, organizacións políticas e sindicais, movementos sociais e veciñais... a participar na concentración que esa quinta feira haberá ás 10:30 perante os Xulgados de Pontevedra.

Máis de trinta citacións

Esta fin de semana máis de 20 preferentistas realizaron unha asemblea no Rosal, xuntanza na que se abordaron as máis de 30 citacións xudiciais perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo que este colectivo vai ter que facer fronte nos vindeiros meses. “Levamos pagando xa preto de 17.000€ euros en sanción administrativas para poder recorrelas agora”