Marta Dacosta

"Precisamos que O Diario Galego visibilice a nosa literatura"

Marta Dacosta

Máis voces sobre O Diario Galego, o proxecto que prepara Sermos para 2019. Desta volta a da profesora e poeta Marta Dacosta, quen aposta nun diario que fale "do que nos preocupa ás galegas, que analice a nosa realidade".

-Que esperas do O Diario Galego?

 

-Un medio que desterre a práctica actual da maioría da prensa escrita de converternos en simples espectadores do que pasa noutros territorios, e sempre dito noutra lingua.

 

-Por que é necesario?

 

-Considero que é necesario e urxente contarmos cun medio de comunicación que sexa realmente noso, é dicir, que fale de nós, do que nos preocupa ás galegas, que analice a nosa realidade, que utilice en exclusiva a nosa lingua e que dea conta de toda a actualidade do noso país, visibilizándonos tal e como somos.

 

-Que importancia ou que impulso podería dar O Diario Galego no ámbito lingüístico e da creación literaria

 

-Precisamos este diario que faga do galego a lingua normal de comunicación e que visibilice a nosa literatura.