A precariedade laboral mantén na emigración as enfermeiras galegas

Enfermeiras en loita. Concentración na Mariña (@Xoan_73)

Nova mobilización das Enfermeiras en Loita

Durante os anos máis duros da crise, o sistema galego de saúde deixou de contratar enfermei-ras. "Non se traballaba", asegura a Nós Diario Catuxa Lagarón, membro do colectivo Enfermei-ras Eventuais en Loita. "Daba igual que estiveras máis arriba ou máis abaixo na lista. Non se cubrían as prazas dispoñíbeis e polo tanto non había traballo".

Aquela situación de máxima precariedade animou a moitas profesionais da enfermaría a probar sorte noutros territorios do Estado e tamén en distintos países de Europa. "Desde o ano 2009, produciuse unha fuga de Enfermeiras da Galiza que aín-da hoxe estamos padecendo", explica Lagarón. "Agora que a demanda é tan alta, traballamos todo o ano". Mais isto non significa que traballen en mellores condicións, recalca a enfermeira.

Enfermeiras na emigración

Non hai datos oficiais sobre o número de profesionais da enfermaría que emigraron ao longo da última década. "Estimamos que durante os anos de crise máis grave emigraron da Galiza 25% das promocións", sinalan desde Enfermeiras Eventuais en loita. Cantabria, País Vasco, Catalunya foron algúns dos destinos de referen-cia dentro do Estado español. O Reino Unido foi, de entrada, e até a consolidación do Brexit, o destino europeo preferido polas enfermeiras.

"Na emigración atoparon unhas condicións descoñecidas aquí na Galiza: estabilidade, formación e especialización pagadas, investigación financiada, promoción laboral, unha mellor remuneración, vacacións retribuídas e un recoñecemento da súa valía profesional ", di Catuxa Lagarón.

Polas que marcharon

"Moitas están desexosas de volver", engade, pero as condicións laborais que se manteñen na Galiza non alentan o seu regreso. "Están dilatando o seu retorno á espera de que as mobilizacións contribúan a mu-dar a situación". Agora mesmo, incide "deixarían un contrato estábel por outro de días".

O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita dedícalle o mes de febreiro a todas as colegas que tiveron que emigrar. Onte fixérono de forma expresa cunha concentración ás portas dos principais hospitais do país, con pancartas informativas e de denuncia, mais con cinta adhesiva sobre a boca en sinal de protesta polo veto do Sergas á liberdade de expresión dentro dos centros sanitarios.

"Feixoo vén de anunciar que se prohibe a colocación de carteis que poden resultar inxuriosos ou ofensivos para determinadas persoas, colectivos ou institucións. Mais sacan a súa propia campaña publicitaria dos logros que din conseguidos", criticou o colectivo durante a lectura do seu manifesto.

Fin da precariedade

"Somos un dos colectivos pro-fesionais máis numerosos do Estado. Na Galiza gradúanse anualmente 500 enfermeiras, e a pesar disto, o Sergas ten cada vez máis dificultades para cubrir o persoal, sobre todo na época de vacacións", denuncia Catuxa Lagarón, quen sinala un sistema de traballo incompatíbel coa vida e coa conciliación de moitas profesionais. "Somos unhas 10.500 nas listas de todo o territorio e máis da metade están en suspensión de chama-mentos" porque non queren ser escravas dunha dinámica ineficaz que segue outorgando 80% de contratos precarios, insiste.

"Pedimos que as cousas cam-bien e loitamos para facer posíbel que todas poidamos tra-ballar na nosa terra", conclúe