O PP de Vigo propón galardoar a Red Madre

A secretaria xeral de Igualdade coa Red Madre [Imaxe Xunta]

Defende condecorar esta asociación antiabortista como Viguesa distinguida 2016.

O grupo municipal do Partido Popular de Vigo propuxo a Red Madre como un dos colectivos que optan a recibir o galardón de Vigués distinguido. A iniciativa xerou unha forte oposición da Plataforma polo dereito ao aborto e críticas por parte dos grupos municipais do PSOE e Marea ao se tratar dunha asociación antiabortista. 

A Plataforma polo dereito ao aborto asegura que galardoar Red Madre é "unha agresión a todas as mulleres e a toda a cidadanía"

"Parécenos que a concesión deste premio á Red Madre polo Concello de Vigo supón unha agresión a todas as mulleres e a toda a cidadanía, e implica un paso atrás moi importante na conquista e recoñecemento dos dereitos das mulleres na nosa cidade", aseguraron através dun comunicado desde a Plataforma polo dereito ao aborto no que lembran os vínculos do PP coa rede e o apoio institucional que recibe, entre outros, da Secretaría Xeral de Igualdade quen a incluíu entre as 16 entidades que fan parte do programa de apoio ás mulleres xestantes promovidos pola Xunta dos que 11 recaen en entidades relixiosas

PSOE e Marea rexeitan o recoñecemento

Pola súa banda desde Marea acusou a entidade de "antiabortista con sospeitosas prácticas e ideoloxía". Entretanto, o PSOE -que conta con maioría absoluta no goberno local- oponse por se tratar dunha entidade "ultraconservadora e contraria aos dereitos das mulleres" para alén de que, din, "carece de arraigo e vínculo especial coa cidade" polo que "non abrangue os méritos" para recibir o devandito nomeamento. 

Neste contexto semella que a proposta do PP non prosperará.