A Xunta recorta tamén nos campamentos para nen@s con discapacidades

Os recortes do PP chegan tamén aos campamentos de verán de nen@s con discapacidade. Benestar elimina o de Gandarío e obriga a moitas mozas e mozos a se desprazaren 180 km. O BNG reclama "humanidade" para dar volta atrás a estes e outros recortes. 

Juan García é pai dun neno de 16 anos cunha discapacidade do 99% .Até agora, cando chegaba o verán, Juan levaba ao seu fillo ao campamento de Gandarío, preto do seu domicilio. Os recortes da Xunta vano obrigar, se quere que o rapaz continúe nesta actividade de verán, trasladalo a 180 quilómetros, a Nigrán ou Ourense. “Parece que a Xunta quere complicalo máis e poñer aínda máis problemas á vida destes rapaces”, denunciou Juan García, directamente afectado polo incremento de recortes en servizos sociais na Xunta. 

Tamén Jesús, pai dun neno de 17 anos con 94% de discapacidade, denuncia ter que ir desde a Coruña até Ourense se quere que o seu fillo continúe asistindo aos campamentos de verán. Supón, segundo destaca, dous días de emprego para levar e recollelo amais do que significa en custos de desprazamento. Ademais, en boa parte dos casos, xunto coa discapacidade son persoas que están  polimedicadas o que fai máis complexo o alonxamento a tantos quilómetros dos seus domicilios. 

"Juan García terá que levar ao seu fillo de 16 anos e cunha discapacidade do 99% a un campamento a 180 quilómetros do seu domicilio"

Os dous casos puxéronlle nome e voz a uns recortes que o BNG denunciaron hoxe na Coruña en rolda de prensa e que levarán ao Parlamento a meio dun conxunto de iniciativas encamiñadas a esixirlle á  Xunta que rectifique na súa política de recortes nos campamentos específicos para rapaces e rapazas con discapacidade. 

“Humanidade” 

A deputada nacionalista Carme Adán, dirixiuse directamente á conselleira Beatriz Mato para reclamarlle que repoña o campamento de Gandarío específico para este colectivo e que manteña a idade mínima en 9 anos xa que, nun novo recorte, neste verán sube a 11 anos. Dáse ademais neste sentido clara discriminación que afecta a quen ten discapacidade fronte a quen non a ten para quen se mantén a idade de 9 anos. A parlamentaria do BNG, reclamoulle “humanidade” á conselleira para modificar a convocatoria deste 2014. “Resúltanos incomprensíbel que se fale sempre dos dereitos das persoas con discapacidade á vez que se adoptan recortes como este”, denunciou, na defensa, en especial das familias da provincia da Coruña, as máis afectadas polos recortes dado que a desaparición do campamento de Gandarío vainas conducir a Nigrán ou Ourense se queren continuar usando o servizo de campamentos de verán.

"@s moz@s con discapacidade só poderán ir a campamanto a partir dos 11 anos cando quen non a ten pode desde os 9"

A concelleira Mª Xosé Bravo apuntou que “estes cambios aféctanlle de xeito moi negativo aos mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 65%, dado que a Xunta reduciu a idade en dous anos, pasando de 9 anos a 11 anos de idade mínima”. 

“Estamos a falar de persoas cunha minusvalía superior a un 65%, persoas polimedicadas, con importantes problemas de saúde para as que ter que desprazarse a tanta distancia dificulta a vida familiar e impide a tranquilidade”, sinalan nas iniciativas nas que reclaman á Consellaría que