Un positivo en Castro de Rei leva a illar 50 persoas

Proba do test do coronavirus na Galiza (Imaxe: Xunta)

Un novo caso positivo por coronavirus no concello de Castro de Rei levou a illar unhas 50 persoas á espera de realizar próbalas pertinentes.

Segundo fontes consultadas, este caso positivo corresponde a un xornaleiro que traballa na zona. Tras a aparición deste, hai máis de 50 persoas illadas á espera de realizar as probas PCR, moitas delas traballan coa persoa infectada.

Por parte do Servizo Galego de Saúde aclararon que "non hai ningún foco no municipio de Castro" de Rei, senón que se trata " dun caso illado". Así, afirmaron que "todos os contactos" en relación a este caso "están illados" e "baixo control" mentres se lle realizan as probas PCR.

A persoa infectada vive en Castro Ribeiras de Lea e traballa como xornaleiro no municipio de Castro de Rei.