Positivo por Covid no centro de día das Neves

O Centro de Día permanece pechado por un periodo inicial de 15 días.

O Servizo Galego de Saúde  vėn de confirmar ao alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Mendez,  o positivo por Covid19 dunha usuaria do Centro de Día da vila.

Logo de ter coñecemento do mesmo deuse aviso, de inmediato, ao resto das usuarias do centro, 8 (3 das Neves, 4 de Salvaterra e 1 de Arbo) e ao persoal do mesmo, 14 traballadoras, que xa están illadas nas súas casas. 

Todas elas someteránse ás probas PCR esta sexta feira, día 14 erepetiranas o día 21.

O Centro de Día permanece pechado por un periodo inicial de 15 días.

O Goberno municipal levará a cabo unha desinfección dos principais centros de concurrencia de cidadáns. Brigadas do Concello traballarán no Centro de Día (incluindo o propio edificio, accesos e arredores); contorna de comercios; farmacias; gasoliñeiras; antigo XES; a Casa do Concello e o Mercado Municipal, antes de feira deste venres. Do mesmo xeito, dende o sábado, día 15, tamén se realizarán labores de desenfección en todas as parroquias.