O porco ao que pasean por Lalín, exhausto após o desfile da Feira do Cocido

O porco, durante o desfile, guiado cun arnés. (Foto: Nós Diario)
Queitano volveu desfilar polas rúas de Lalín nesta xornada.

É evidente que durante a fin de semana da Feira do Cocido a capital do Deza e deste prato tan popular na gastronomía galega, Lalín, está inzado de porcos. O que non resulta tan habitual e pola contra si sorprendente é ver un deles sendo paseado cun arnés polas rúas da localidade. E iso foi xusto o que aconteceu este domingo.

Nunha xornada marcada pola campaña electoral e a visita a Lalín do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado doutros dirixentes do PP, e pola tarde da candidata do BNG á Presidencia, Ana Pontón, durante uns minutos o gran protagonista do tradicional desfile non foi ningunha autoridade política, senón Queitano, o porco amestrado que se estrou na camiñada de 2022 e que este ano volveu repetir.

Ao remate do desfile, e logo dunha xornada especialmente intensa para Queitano, o porco de máis de 200 quilos de peso botouse no chan fronte a un edificio para tentar descansar, pois estaba xa exhausto.

O porco Queitano, tombado, exhausto, após o desfile da Feira do Cocido de Lalín. (Foto: Nós Diario)