Pontevedra volve facer resoar o clamor contra as touradas

Foto: @las3tes

Centos de persoas secundaron a manifestación convocada por 'Touradas fóra de Pontevedra' e apoiada por diversas organizacións sociais, políticas ou xuvenís.

Máis un ano "Touradas fóra de Pontevedra” volveu resorar na 'Boa Vila' e fixo que este sábado a cidade volvese er o epicentro do movemento social contra as touradas do noso país. Centos de persoas secundaron a convocatoria na que voleron ecoar consignas e demandas como “Tauromaquia abolición” e “A tortura nin é arte nin cultura”.

 

As manifestantes exixían a fin das touradas en Pontevedra, única cidade onde no noso país continúa a se realizar 'corridas de toros'. A mobilización social, lembran os convocantes da mobilización, foi quen de acabar coas touradas que se realizaban en Noia, A Coruña ou Padrón, e ese é o final que queren para a de Pontevedra.

 

Reivindicaron que todas as administracións públicas deixen de axudar “directa ou indirectamente” ao empresariado taurino, como xeito de axilizar a desaparición das touradas. O colectivo “Touradas fóra de Pontevedra” demanda a fin do convenio que o Concello de Pontevedra --que non subvenciona nin colabora coas touradas--, asina cos propietarios da praza de touros para o uso das súas instalacións para actividades públicas de carácter cultural, como o torneo medieval da Feira Franca.  

 

A lectura do manifesto coreu a cargo de  Begoña Llácer, filla de María Victoria Moreno, escritora a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas e unha activista contra as touradas cando aínda non existía un movemento organizado neste sentido.

 

Esta semana Galiza Mellor sen Touradas,a Fundación Franz Weber e Marea Pontevedraentregaron 130.000 sinaturas recollidas contra o convenio entre o Concello de Pontevedra e a empresa que xestiona a praza de touros.