Pontevedra anima os concellos galegos a declarar “persoas non gratas” os membros de ‘La Manada’

O goberno local acordou remitir unha carta á Fegamp.

Que os cinco membros de ‘La Manada’ sexan declarados persoas ‘nin gratas’ nos 314 concellos galegos. Esa é a pretensión do Concello de Pontevedra, cuxo goberno local vén de aprobar remitir á Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) unha carta para que anime aos concellos da dar este paso.

 

"É necesario que se visualice o noso rexeitamento ás actuacións xudiciais que reclúen á vítima en Madrid e que camiñemos cara á elimimación da violencia contra as mulleres", explicou Raimundo González, voceiro do gobernó local, segundo recolle o Diario de Pontevedra.

 

A posta en liberdade provisoria destas cinco persoas, condenadas por agresión sexual en Iruña, volveu xerar una vaga de indignación en todo o Estado español, que se concretou en importantes manifestacións.