Policía e Garda Civil realizaron nestes 3 días na Galiza 1.281 controis, identificaron 22.400 persoas e tramitaron 500 sancións

(Foto: Europa Press)
Desde a entrada en vigor a sexta feira das últimas restricións e medidas fronte á pandemia 

O delegado do Goberno na Galiza, Javier Losada, informou esta segunda feira que no últimos tres días os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado despregaron un total de 1.281 dispositivos de seguridade nos que se identificaron a 22.439 persoas e controlado 16.069 vehículos.

Javier Losada explicou que, desde a entrada en vigor das novas restricións á mobilidade e os contactos sociais aprobados pola Xunta, a Garda Civil e a Policía Nacional sumaron 512 propostas de sanción.

Esta cifra supón que só un 2,2% do total de persoas identificadas incorría nalgunha sanción relacionada coa normativa  antiCovid.

Nestas tres xornadas, a Policía Nacional efectuou 184 controis nos que identificou a identificou 6.716 persoas. A Garda Civil despregou 1.097 controis nos que identificou a 15.723 persoas. En canto a vehículos, a Policía controlou 4.435, mentres que o Instituto Armado fixo o mesmo con 11.634.

En canto ás propostas de sanción, 336 proceden da Garda Civil e 176, da Policía Nacional.