A Pobra do Caramiñal e O Grove, en restrición máxima desde esta quinta feira

Unha nena leva unha máscara na praia das Salseiras, no municipio da Laracha (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Quedarán fechados perimetralmente e coa hostalaría só con servizo a domicilio

Os concellos da Pobra do Caramiñal e do Grove estarán en restricións máximas desde a a quinta feira, 8 de abril, para a sexta, cando quedarán fechados  perimetralmente e coa hostalería só con servizo a domicilio, 20 días despois da ponte de San Xosé e ao pouco de rematar a Semana Santa.

Ademais, esta terza, 6 de abril, o comité clínico que asesora a Xunta da Galiza na xestión da pandemia provocada polo coronavirus acordou tamén estabelecer o nivel alto de restricións en seis concellos, nos cales o interior da hostalaría deberá fechar e só se poderán utilizar as terrazas cunha capacidade de 50%. Trátase dos municipios da Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, a Illa de Arousa e Carral.

Pola súa banda, no nivel medio de restricións estarán os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña, Baiona e Boimorto. O nivel medio permite 30% de capacidade no interior e 50% en exterior.

No resto dos municipios galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Neste nivel pódese ocupar até 50% no interior de bares e restaurantes e até 75% en terraza. Nos tres niveles que non son de restricións máximas a hostalaría pode permanecer aberta até as 21 horas.