O pleno de Ferrol condena por unanimidade a agresión fascista a un independentista

[Imaxe: Cedida] Unha sesión plenaria en Ferrol

A iniciativa, presentada polo BNG, insta tamén a investigar a malleira acontecida a principios de mes e que se dea cos responsábeis da agresión.

O Pleno de Ferrol aprobou por unanimidade unha declaración de condena á brutal agresión fascista que a inicios de marzo sufriu un independentista en pleno centro da cidade. A iniciativa, presentada polo BNG, tamén mostra a solidariedade coa persoa agredida e insta a que se investigue este feito e se dea cos responsabeis do mesmo.

 

A vítima, Francisco Martíns, sufriu diversas fracturas e moratóns na malleira que lle deron, denunciou, un grupo de entre 8 e 10 persoas. Denunciou os feitos e lamentaba hai uns días o que cualificaba como “pasividade” da xustiza e da policía neste caso.