A Plataforma sarriana polo río recauda fondos para afrontar máis de 20.000 euros en sancións

[Plataforma Sarriana polo Río]

A Subdelegación do goberno mantén abertos 35 expedientes contra activistas por supostas "infraccións graves" acontecidas os días 25 e 25 de marzo. 

 

Desde a Plataforma tildan as sancións como "inxustificábeis" e "desproporcionadas". E é que os expedientes abertos pola Subdelegación de Goberno de Lugo contra 35 activistas do movemento veciñal ascenden a 35 e suman 20.550 euros. 

O organismo acusa @s integrantes da Plataforma de cometeren "infraccións graves" nos despexos desenvolvidos pola Garda Civil os días 25 e 26 de marzo cando diversas persoas se opuxeron ao inicio das obras de encanamento. Naqueles días, axentes do instituto armado despexaron a vari@s veciñ@s que ocupaban a Ponte e a illa do Toleiro para evitaren a tala de ameneiros e a destrución do patrimonio etnográfico situado na ribeira do río Sarria. 

A actuación das forzas de seguridade españolas fora denunciada pola propia Plataforma, cuxas queixas foron recollidas polo BNG e elevadas ao Congreso através dunha pregunta dirixida ao Ministerio do Interior. 

No entanto, agora é a Subdelegación a que multa a veciñanza embora o propio subdelegado, Ramón Carballo, explicou ao medios de comunicación o propio 25 de marzo que o despexo se producira "sen incidentes". Neste senso, a Plataforma presentou xa alegación aos expedientes abertos. Aliás, vén de abrir unha conta bancaria para recaudar fondos e financiar o custe das sancións se finalmente estas prosperan. 

Desde o movemento veciñal animan animan a se solidarizar "cos que se arriscaron para defender o río, a paisaxe, o patrimonio de Sarria" e advirten de que "non nos deixaremos amedrentar".