Nace unha plataforma para traballar polo feche das centrais de carbón en Galiza "a máis tardar en 2025"

As Pontes1

Varias organizacións e colectivos impulsan unha plataforma para pular polo fechamento das centrais de carbón en Galiza, como son  as de Meirama e As Pontes. Unha proposta que chega en pleno debate sobre o futuro destas dúas centrais.

 

Adega, Amigos da Terra, Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), Ecoloxistas en Acción, Ghichas Co-mando, Greenpeace, Petón do Lobo, Plataforma contra a Mina de Touro-O Pino, Asociación Naturalista Baixo Miño e Verdegaia; pola a cooperativa de consumo e produción Nosa Enerxía, a cooperativa de educación ambiental Feitoría verde, e o colectivo de comunicación Ecoar Global; son as responsábeis da plataforma 'Galiza, un futuro se carbón'


"Galiza será un dos países europeos máis prexudicados polo cambio climático [...] As emisións por habitante son bastante superiores á media mundial e mesmo superan a media da UE. Como país temos unha responsabilidade e unha obriga, a de facer a nosa parte para loitar contra o maior desafío do noso tempo", indícase no manifesto. .


A respecto de Meirama e As Pontes consideran que "é o momento de planificar o seu peche a curto prazo”, indican, e garantir unha transición xusta para os traballadores e as traballadoras afectadas. "Reclamamos o seu peche, a máis tardar, en 2025".