Plantación de eucaliptos na Praza do Obradoiro para denunciar a “eucaliptización” de Galiza

Terá lugar o vindeiro 22 de abril, convocada por Cousa de Raíces e Asemblea contra a eucaliptización de Compostela.

Unha plantación simbólica de eucaliptos na Praza do Obradoiro de Compostela á o acto convocado por diversos colectivos para o vindeiro 22 de abril, Día da Terra, como denuncia contra a “eucaliptización” de Galiza. Serás ás 12:00 horas e as convocantes (Cousas de Raíces e Asemblea contra a eucaliptización) animan ´á sociedade a participar nesta concentración “para denunciar a destrución do patrimonio natural e cultural nos nosos montes provocado polo monocultivo forestal desta especie invasora”.

Nas últimas semanas activáronse en diferentes comarcas de Galiza asembleas coa participación de diferentes entidades e colectivos e coa finalidade de “organizar unha resposta” contra a eucaliptización. Desde colectivos como Adega denuncian que o eucalipto vai camiño de ocupar 500.000 hectáreas en Galiza “e aumentando. Cobre case o 17% de todo o territorio galego

Nunha entrevista en Sermos Galiza, Pedro Alonso, unha das persoas qimplicadas nestas asembleas, advertía que estabamos nunha fase na que a eucaliptización xa ameaza terras agrarias